Scratch de Iago Caamaño na Super Especial de San Lázaro

Iago Caamaño déitase hoxe como líder do esperado Rali Botafumeiro tras conseguir o mellor tempo na Super Especial que se celebraba este venres en Santiago de Compostela. Conseguiu o mellor tempo por pouco xa que Víctor Senra non se quedaba moi lonxe, 0.162 segundos separaron a Iago Caamaño de Víctor Senra, ambos con cadanseu Fiesta R5 (o de Víctor EVO2 e o de Iago con mecánica EVO1 e carrocería e detalles EVO2). Por detrás deles quedaría Alberto Meira a dous segundos. Estes tres equipos están na loita polo campionato e mañá agárdanos un día moi emocionante no que pode pasar de todo.

L. Rivera-Rally Rías Baixas 2018

Por detrás deste tridente, en cuarta posición, quedaría Daniel Alonso (copilotado por Cándido Carrera) a bordo do Fiesta R5. En quinta posición da xeral xa podiamos ver o scratch da copa Top Ten, o de Tino Iglesias (Fiesta N5), dentro da copa o seguinte clasificado sería Jorge Pérez (Clio R3), que tamén se posiciona primeiro da agrupación 2. O seguinte da copa Top Ten sería Álvaro Pérez co 208 R2 dentro da categoría B, onde sería o primeiro, ademáis, tamén foi o primeiro da agrupación 3. Debemos recordar que Álvaro tivo que repetir o treito xa que mentres o disputaba, o equipo de diante sufría un accidente e tiveron que parar.

Máis atrás atopamos ao scratch da copa Pirelli AMF, Iván Sangiao co seu Peugeot 106, rematando o treito con algo máis dun segundo de vantaxe respecto ao seu rival Rubén Gandoy (Peugeot 206). En terceiro lugar da copa clasificouse Francisco Pazos, a máis de dous segundos de Sangiao, co seu Citroën Saxo. A copa Volante FGA tamén tivo un bo resultado co scratch de Jorge Cagiao a menos de 19 segundos de Iago Caamaño; a máis dun segundo e medio estarían Daniel Berdomás e Jorge Garnelo. Para rematar, na copa Iniciación Recalvi tamén se prevé unha bonita loita xa que, aínda que a mellor marca foi de Antonio Pérez Fojón, o resto non se quedaba atrás e, por exemplo, Ricardo Estévez e Marcelo Conchado marcaron un tempo con 4 e 6 segundos por detrás, respectivamente.

Mañá estaremos en directo en Condado Racing a partir do TC8, preto das 16:30 da tarde. Podedes acceder facendo clic AQUÍ.

Publicacións populares