87º Rally Monte-Carlo 2019-Información


Comeza unha nova temporada do WRC e, coma sempre, coa proba, posiblemente, máis esperada do ano, o Rally Monte-Carlo. Esta primeira cita do ano contará con 84 participantes compoñéndose de 11 WRC oficiais, 1 WRC privado e 35 R5. Entre os R5 vemos a 3 inscritos na nova categoría de WRC2 Pro e 7 máis dentro da categoría WRC2. Aquí vos deixamos o enlace para vela na web de eWRC-results:

-Lista de inscritos

Esta edición do Rally Monte-Carlo terá 16 especiais (324 quilómetros) que se celebrarán durante xoves, venres, sábado e domingo (24, 25, 26 e 27 de Febreiro, respectivamente). Tamén vos achegamos o horario con información máis precisa (en .png).


Como xa dixemos, no anterior horario podedes ver detalles sobre cada especial da proba como a hora de inicio ou a distancia do treito e agora poñemos un enlace para que poidades consultar o mapa e poidades chegar fácilmente ás especiais: Rally-Maps; nesta páxina tamén se poden ver on-boards dos percorridos e horarios.

-Os tempos da proba dispoñibles AQUÍ.

-O tempo-Monte-Carlo
-Onde comer-Monte-Carlo
-Aloxamento-Monte-Carlo
-Zonas de interese-Monte-Carlo

Comentarios

Publicacións populares