Andrés Vilariño non tomará a saída na Subida Cercedo-Cotobade
O piloto Andrés Vilariño non poderá estar na liña de saída da proba do CGM que se celebra este fin de semana, a mesma parte do coche que permitía e animaba a Andrés a inscribirse nesta proba volveu fallar para obligar a Andrés a marchar para casa. Falamos da caixa de cambios, compoñente que xa deu problemas na subida a Pontenova. Esta peza foi enviada para a súa reparación despois da subida ao Fito ao equipo Norma e foi mal reparada xa que deu bastantes problemas na subida a Pontenova, a pesares de conseguir a primeira posición. A caixa de cambios foi enviada de novo a Norma e chegou a tempo para participar na subida desta fin de semana pero despois de que Andrés chegara a Galicia e fixera os recoñecementos do trazado a caixa de cambios non funcionaba e obligábao a comunicar que non participaría nesta competición de montaña.
Andrés Vilariño tiña previsto estar na próxima cita do CGM, Pontevedra-Almofrei, coa nova evolución ou sen ela, así que esperamos que esa caixa de cambios volva funcionar ou sexa substituida por unha nova para volver velo na montaña galega batindo récords. A continuación deixámosvos as dúas mensaxes: