O Rally de Coruña Virtual rematou con éxito


A primeira proba do campionato virtual de rallies de Galicia rematou con éxito tras conseguir unha participación de casi 300 persoas, máis de 220 participantes remataron o rally, aínda que moitos empregaron SupeRally para abandonar algún treito e saltar ao seguinte con penalización.  A gran sorpresa da proba era a névoa nos primeiros e últimos treitos, que sorprendían a moitos e provocaban algún que outro accidente, os que máis confiaban no copiloto foron capaces de impoñerse na clasificación.
O gañador do rally foi Juan Marzoa (Fabia R5), que superou a Oscar Estévez (Fiesta R5) nos treitos da tarde, ambos quedaron separados na xeral por 26 segundos. O terceiro posto conseguíao Javier de Diego (Fiesta R5) a algo máis dun minuto.

Na copa PXP o gañador foi Miguel Balado (DS3 R1) con máis dun minuto de vantaxe sobre os seguintes clasificados, completando a clasificación xeral na posición 57. Na copa Pirelli AMF, Jorge Ampudia (Adam R2), Jacobo Segade (Adam R2) e Bruno Pulido (Adam R2) completaban o podio en primeira, segunda e terceira posición, respectivamente, os tres conseguiron adiantar a bastantes vehículos R5 e Ampudia fíxose coa posición 18 da xeral. Por último, na copa Top Ten Pirelli-Castrol, foi o propio presidente da organización, Joaquín Pérez (EVO X N4), quen marcou o mellor tempo e conseguindo clasificarse na xeral cun oitavo posto por diante de Cristian Lamas (EVO IX N4) ou Diego Gil (EVO IX N4). En canto se publique a clasificación oficial do rally poderemos dar máis información e saber quen gañou na copa feminina.

-Clasificación provisional da páxina checa AQUÍ.

-Declaracións dos participantes despois do rally de Coruña: AQUÍ

Por outra parte, xa está publicado o roadbook para o rally de Noia virtual, que será a segunda proba do campionato, componse de 9 treitos e terá un total de 62'2 quilómetros contra o cronómetro. Nesta proba o problema será o crebacabezas para a elección de pneumáticos.

Comentarios

Publicacións populares