Lista de INSCRITOS - Rally SUR do CONDADO 2021


138 equipos compoñen a lista de inscritos do rally Sur do Condado 2021. É de ter en conta que, nun mes con tantas probas, este número de participantes é moi alto.


-Lista de inscritos


Nesta lista de inscritos atopámonos con algunhas curiosidades e imos empezar pola máis impactante: Eliot Gómez e Uxía Carballo, xoven parella que participa en campionatos de rally virtual, debutarán nesta cita probando o que é a realidade dos rallys, ambos se presentan á proba por separado, posto que os dous exercerán as funcións de copiloto en cadanseu coche. Á esquerda levarán a Iván Lareu e Andrés Martínez.


Continuando con algunhas novidades desta lista, comezando por arriba atopamos aos "de sempre" menos a Otero, piloto do Hyundai I20 R5. E detrás atopamos a Jose Luis Peláez, piloto habitual do certame nacional.

Daniel Berdomás tamén participará na terceira cita do campionato e volverá intentalo co 208 N5 de ARVidal, que ata agora non deu moi bo resultado.


Tamén volveremos a ver a "Maki" cun Saxo SCC, como hai anos, construíndo un novo dende cero. Igualmente, "EPI" retorna cun BMW E30.


Máis abaixo tamén atopamos a José Calvar e Eva Costas, que pasarán por este rally sendo unha das probas que inclúen na súa xira co Seat Marbella. Esta xira inclúe ata citas míticas do campionato de Europa de rallys.


E por último, temos ao noso compañeiro Lorenzo Rivera, copilotado por Tatiana Amoedo, e a bordo dun Peugeot 206 no que ambos debutarán en rallys. Moitísima sorte aos dous!!






Comentarios

Publicacións populares