Gran remontada de Javier Pardo en Arzúa
Esta pasada fin de semana, o equipo Suzuki trasladábase ata terras galegas para disputar o Rally Terra da Auga con Javier Pardo e Adrián Pérez a bordo do Suzuki Swift R+ N5, proba puntuable para o CERT (Campionato de España de Rallies de Terra). A pesares das prediccións, os días de competición apenas choveu e puideron disputarse treitos con bo firme que obligaba aos equipos a rodar moi rápido.
Javier Pardo tomaba a saída do primeiro treito, único treito do venres e que serviría para decidir a posición de saída do sábado. Un pequeno erro nun cruce fixo que caísen na clasificación non podendo decidir, polo tanto, unha boa posición de saída para o sábado. Veríase obligado a tomar a saída en terceira posición, non moi boa xa que isto significaría que iría limpando a gravilla das pistas e sería máis fácil perder tempo. Para máis, na primeira especial do sábado sufriría un pinchazo que lle faría perder máis dun minuto e medio. Neste momento o obxetivo era rematar a proba e coller o máximo número de puntos posible.
Javier Pardo foi remontando posicións estando en tempos de vehículos da categoría R5 ata o descanso, tendo rematados os treitos da mañá. Agora, máis cerca das posicións de cabeza, a intención era escalar, pouco a pouco, algunha posición máis. Despois de ter remontado máis de 10 posicións, atopábanse agora no noveno posto da clasificación. A parella galega continuou marcando bos tempos e ascendendo algunha posición máis e coa chegada do TC+, tiñan que exprimir o Swift para conseguir algún punto máis. No TC7 (TC+) conseguiron a segunda posición, por detrás de Xevi Pons, e sumar dous puntos para o campionato. Achegábase o final da proba e coa sexta posición tan preto decidiron atacar, pero un despiste na última parte do último treito fixo que se tivesen que conformar coa sétima posición.
Remataban a proba cunha sétima posición e con vitoria en N5 e Junior. Con este resultado consiguen manterse na cuarta posición da clasificación absoluta do CERT. A próxima cita para Javier e Adrián será no Rally de Ourense, proba puntuable para o CERA, co novo Suzuki Swift Sport R+ N5.
Prensa |