Abraham Duarte quere estrenar un novo kartcross

Abraham Duarte, piloto dun KartCross no CGRM (Campionato Galego de RallyMix), anuncia nunha entrevista coa escudería Cuntis que quere estrenar un novo KartCross.

sobreruedas365.emiweb.es
Abraham conseguiu clasificarse en quinta posición no rallymix de Touro e cuarto en Cuntis aínda que, segundo di, podería ter quedado en mellores posicións se non fose polas duas saídas de pista. É un bo comezo de temporada xa que non correra antes nun KartCross e di que seguirá traballando duro.


Durante a entrevista comenta que intentará estar en Ferrol para continuar co campionato, aínda que será algo complicado, e quere estrenar alí un novo KartCross que xa está en proceso de fabricación. Tamén era interrogado acerca do CGM (Campionato Galego de Montaña) xa que este ano contará coa presencia de KartCross e afirmaba que probará algunha carreira pero que a súa mente está na terra.
Dende Condado Racing desexámoslle moita sorte para esta temporada a Abraham!

-Entrevista escudería Cuntis V. T.

Publicacións populares