Que son as Gincanas Automovilisticas?
As Gincanas Automovilísticas, famosas competicións e baratas para os participantes.
Esta é a definición que atopamos en www.significados.com:
gincanas automovilísticas, realizadas en motos, coches, consisten en seguir unha ruta con unha serie de obstáculos como proba de habilidade, cando este tipo de gymkhana se convirte en un deporte e perde o seu lado recreativo coñécese como rally.É dicir, as gincanas son derivadas dos rallyes pero en espazos curtos e con obstáculos.
Diferencianse dous tipos de gincana, as de asfalto e as de terra:
-Nas de asfalto os coches son baixos, algúns equipos asisten para pasalo ben e queimar roda, outros intentan facer os mellores tempos. Ás veces pódense ver auténticos prototipos e kartcross.
-Nas de terra míranse coches con suspensión de serie e os que poden compran pneumáticos de taco para terra. Nestas gincanas non hai tanta xente que se dedique a queimar roda ou "estoupar" o coche. Ademáis, normalmente hai kartcross, quads, motos de cross, tracción total...
Nas gincanas automovilísticas creanse categorías e cada unha cos seus propios premios. As máis frecuentes son as de trasera e dianteira, ainda que podemos ver gincanas nas que as categorías se dividen en outras máis pequenas: Turismos traseira, quads, motos, kartcross, dianteira, tracción total, prototipos, ou unha categoría xenérica que inclúe aos que non están icluídos en ningunha categoría das que hai en certa gincana.
Normalmente celébranse durante dous días, sábado e domingo, ou nun día festivo. Teñen varias mangas que se extenden ao longo do día de competición. Sin duda son un grande atractivo turístico para os amantes do motor.