Como puidemos saber este venres no programa de Si Rally (programa de rallies en Si Radio), a FGA está estudiando cambios nos reglamentos das probas para a temporada 2019. Consistiría en permitir 175 inscritos por proba.
L. Rivera
Debido ás últimas listas de inscritos, onde se superaba o límite de 150 inscritos por proba e onde había un alto número de pilotos na lista de reserva, a FGA decidiu, segundo informaban en Si Rally, pensar nunha posible modificación dos reglamentos para ampliar o límite de inscritos de 150 a 175.
Xunto a esta medida, xa que os 175 vehículos tardarían casi tres horas en pasar por un treito, anunciaban que as probas disputaríanse en dous días a decidir polas escuderías, venres e sábado ou sábado e domingo. No primeiro día habería tres treitos a doble pasada e o segundo día, dous tramos a doble pasada; isto suma un total de 5 treitos a doble pasada, o que veñen sendo 10 treitos repartidos en dous días.
Pablo Ares
Noticia exclusiva proporcionada polo programa de radio Si Rally, a quen agradecemos o seu traballo. Para rematar amosámosvos o vídeo onde se anunciaban en directo as medidas para 2019: