II Subida a Ponte Caldelas 2017-Itinerario
Este fin de semana retómase o Campionado Galego de Montaña en Ponte Caldelas, que na súa segunda edición contará con algunha que outra sorpresa.
O trazado será o mesmo que o ano pasado, partindo dende Ponte Caldelas pola PO-234 hacia Cotobade, cunha distancia de 3'9km. cronometrados. Aquí o podedes ver:
-Ver trazado
A competición comezará o sábado 12 pola tarde coa manga de entreno ás 15:30 e as oficiais a continuación. O domingo 13 repetirase o esquema de entreno e dúas oficiais a partir das 9:30h. da mañá e a entrega de premios ás 17:00h. dese mesmo día. O parque situarase fronte ao Concello.
A sorpresa que se presenta podería ser a sorpresa do 2017 no CGM, xa que o cinco veces campión galego de montaña, Nonito Gómez, estará presente cun Citroën AX despois de varios anos fora de competición tras un accidente sufrido en 2012. A él vai dedicado o cartel da subida.
-Lista de inscritos
Propoñémosvos este vídeo on-board de Jesús Pombo na anterior edición, e aproveitamos para recordar que se manterán as "chicáns".
Para comentar a proba nas redes sociais podes utilizar o "Hastag" #VasCorrerVas promovido pola escudería Buxa Motor Poio para as carreiras que organiza de Ponte Caldelas e A Escusa.
-Regulamento
-O tempo
-Onde comer
-Aloxamento
-Zonas de interese