RallyMix Cuntis 2018-Itinerario
Xa só quedan uns días para dar comezo ao CGRM (Campionato de Galicia de RallyMix) 2018. O RallyMix de Cuntis será a pimeira cita do campionato e posiblemente xa teñades visto algo do traballo da escudería, como por exemplo os anuncios de televisión e radio ou o vídeo promocional.
Aquí o vídeo promocional que deu tantas voltas polas redes sociais:
Anuncio televisivo:
O treito ten un novo percorrido que varía na parte do final con respecto ao da pasada edición, aportándolle así algún km máis para esta segunda edición, conseguindo así un trazado de 13 km. Aquí podedes ver o treito:
A competición comezará o sábado, está previsto para dar comezo ás 12:30h. e disputar as dúas seguintes roldas a continuación, completando tres mangas e dando por finalizado o día. O domingo dará comezo ás 10:30h. e a quinta e derradeira pasada da proba celebrarase a continuación.
A verdade é que ninguén agardaba esta lista de inscritos (bastante completa). Entre os participantes podemos atopar un 208 R5, pilotado por Osorio; o Fiesta N5 de Tino, un total de trece KartCross, nove inscritos na copa "Pirelli K6"... e moitos máis! Un total de 58 participantes completan a lista de inscritos, podes mirala completa aquí:
-Lista de inscritos(PDF)
Tamén debemos dicir que paga a pena ir ata Cuntis, pois poderedes coñecer a Albert Llovera durante o sábado e o domingo. Un gran piloto español!!
-O tempo-Cuntis
-Aloxamento-Cuntis
-Onde comer-Cuntis
-Zonas de interese-Cuntis