Vitoria para Iván Ares en Coruña

Despois de catro scratch's seguidos nos tramos da tarde, dous deles nocturnos, Iván Ares conseguía recuperar o liderato que perdía no terceiro treito ao facer un trompo. No cuarto treito o líder da carreira era Iago Caamaño que corría moi forte.

Descoñecida


O día comezou un pouco extraño xa que o primeiro treito tiña que ser neutralizado despois de que a un espectador (pai de Pablo Gregorio, ánimo para el e a súa familia) lle dese un infarto e tivese que ser atendido. Javier Pardo tamén sufría un golpe provocando problemas mecánicos que lle obligarían a ter que abandonar a proba. Seguía Ares en cabeza no segundo treito e despois Ricardo Costa sufría un forte golpe co DS3 R5 dando varias voltas de campana (piloto e copiloto sen danos físicos). Ao finalizar o cuarto treito Caamaño atopábase líder da proba xa que Iván Ares fixera un trompo perdendo bastante tempo.

Descoñecida

Xa pola tarde comezaba o ataque de Iván Ares marcando scratch en cada un dos treitos pero con Víctor Senra e Iago Caamaño moi pegados, moi poucos segundos de diferencia. O TC5 foi neutralizado cara ao final xa que o Peugeot 106 de Lozano perdeu unha roda ao soltarse os espárragos chegando ata un espectador que tivo que ser atendido polos servicios de emerxencia e, ademáis, había unha mancha de aceite na estrada que tiveron que retirar os bombeiros para que se puidese realizar o TC7 en Cullerdo. Así ata o final, onde nos treitos nocturnos Ares sacou bastante diferencia.

Descoñecida

Finalmente a clasificación quedou con Iván Ares á cabeza seguido por Víctor Senra e Iago Caamaño. Detrás, en cuarta posición, Alberto Meira e, quinto, Joan Vinyes que facía test co novo chasis do Swift N5.

Publicacións populares