RallyMix Barbadás 2017-Itinerario


Última proba do Campionato Galego de RallyMix 2017 que se realizará os próximos días 4 e 5 de novembro na localidade de Barbadás, en Ourense.  A carreira, como dixemos antes, dispútase durante o sábado e o domingo; o primeiro día a primeira pasada ás 12:30h., e as seguintes ás 15:30h. e ás 17:30h., o domingo ás 10:00h. e ás 12:0h. Unha novidade é que este ano o trazado cambia de sentido con respecto ao habitual.

Na lista de inscritos desta proba hai 53 vehículos, superando ao número da edición pasada que se quedaba en 49 equipos. Entre eles haberá catorce kartcross, incluíndo unha bonita batalla polo campionato entre Abel Jurado e Óscar Añón. Tamén contaremos coa presencia de Vícyor Senra ou Iago Silva, entre moitos outros...

-Lista de inscritos(PDF)

O percorrido será o que se presenta a continuación na onboard, máis abaixo podedes ollalo no mapa:




-Regulamento(PDF)

-O tempo-Barbadás
-Onde comer-Barbadás
-Aloxamento-Barbadás
-Zonas de interese-Barbadás

Publicacións populares