50 Rally Ourense 2017-Itinerario



A primeira proba galega do Campionato de España de Rallyes de Asfalto do ano 2017 xa está aquí e chega, na celebración do seu medio século (50 edicións), cunha clasificación apretada entre García e Ares e con polémica debido á válvula pop-off de Cristian García en Adeje que finalmente foi aceptada pola RFEdA.

Lorenzo

A continuación presentámosvos o horario e o mapa completos da cita automovilística ourensá:



Como se pode ver, o rally componse de cinco tramos, os cales haberá que percorrer en dúas ocasións seguindo o horario que vos presentamos anteriormente. A continuación deixámosvos os tramos un por un cos seus respectivos accesos recomendados pola organización e recordámosvos que facendo clic no título podedes acceder á páxina do mapa e descargar as rutas.

TC-A Peroxa-29,18 km.-TC1/TC3-Accesos


TC-Toén-Castrelo-15'00 km.-TC2/TC4-Accesos


TC-Esgos-15'42 km.-TC5Plus/TC8-Accesos


TC-Cañón do Sil-32'00 km.-TC6/TC9-Accesos


TC-Melias-15'37 km.-TC7/TC10-Accesos


Un rally, sen duda, espectácular, con moitas curvas e impresionantes paisaxes. De feito, o tramo máis recomendado polos aficcionados é Cañón do Sil. Tamén queremos recordarvos que a seguinte proba será o Rally de Ferrol, o cal coincide co Rally Sur do Condado, "Ferrol" sería o venres día 7 (segundo  marca o horario) e "Sur do Condado" celebraríase o sábado día 8.

David García

A lista de inscritos estará á vosa disposición AQUÍ a partir das 12:00 do sábado, cando se publica de forma oficial. Pero podedes ir vendo a lista de inscritos provisional AQUÍ.

Publicacións populares