Vitoria para Iván Ares en Arteixo

O famoso piloto de autocross, que actualmente tamén disputa o Campionato Nacional de Rallyes de Asfalto, obtivo unha gran actuación este sábado pasado no circuito de Arteixo. Iván viña liderando xa na semifinal, conseguindo así unha boa posición de saída para a final acompañado por Javier Ramilo e Fernando Viadero.


Ares colocouse en primeira posición dende a primeira curva e tratou de manter o ritmo e evitar que o adiantaran para rematar a proba final en primeiro posto, como fixo. Este deixaba por detrás a Ramilo, García e Muíños; respectivamente.

Publicacións populares