Os Burgo de test co Skoda Fabia R5

Foto: Burgo Rally Team
Os irmáns Burgo dirixíanse este sábado cara Portugal co obxectivo de ter a primeira toma de contacto co seu novo coche, o Skoda Fabia R5. Logo de que o coche da marca checa chegase as instalacións do Burgo Rally Team en Lugo, pasaron un par de semanas para que puideran probar o coche co que van a asaltar o Campionato de España de Rallyes de Asfalto.

Pedro Burgo comentaba sentirse moi cómodo a bordo da “Cápsula”, mote que o equipo lle puxo o coche. Comentaba o acabar o test: “Moi boas sensacións inda que somos conscientes de que queda moito traballo por diante, pero o afrontamos con ilusión e ganas de facelo o mellor posible”.Tamén nestes test estaba o Skoda Fabia R2 que pilotara Roberto Bugarin amparado polo equipo de Lugo.

O BRT estreaba decoración os laterais do coche con vistosos colores e varias figuras xeométricas que lle daban un bonito carácter o coche a falta da decoración final. O equipo presentara o equipo xunto co seu coche e a decoración que luciran no CERA o próximo sábado dia 11 as 20:00 horas en Lugo.

Publicacións populares