Luis Monzón baixa en Sierra Morena

http://fotos00.laprovincia.es/2016/07/19/646x260/luis-monzon.jpg
Foto: laprovincia.es
Luis Monzón non disputará finalmente a proba cordobesa debido a problemas do seu copiloto José Carlos Déniz. Tampouco correrá no Rallye de Santa Brígida co Mini JCW WRC, e está pendente a súa participación ou ausencia no Rallye Illas Canarias. O veterano piloto canario tamén disputará o campeonato canario de montaña cun Audi R8 LMS que chegará ás illas nas próximas semanas.

Tamén podería ser baixa no Rallye Sierra Morena Surhayen Pernía, pero por distinto motivo, xa que non ten listo o seu Hyundai i20 R5. De telo dispoñible chegaría case sen tempo de probalo ao estar tan cerca a disputa do Rallye. Poderían ser dúas baixas sensibles para a proba, que aínda conta na lista provisional de inscritos con 7 vehículos da categoría R5 á espera da confirmación de participación ou ausencia de Pernía, ademais poderían incribirse novos equipos.

Publicacións populares