Se pensamos nun piloto que sería capaz de cometer un erro por ir demasiado rápido na última especial dun rally que lidera cunha cómoda vantaxe, seguro que os máis nostálxicos non dubidarían en imaxinarse a Colin McRae. Por desgraza o escocés non está con nós, aínda que temos en Kris Meeke un claro sucesor desta lenda dos rallys.
|
Foto : diariomotor |
Último tramo. Meeke lidera con 37 segundos de vantaxe sobre un Ogier que non estaba disposto a arriscar. O norirlandés entra moi pasado nunha curva que se atopa pouco despois dun salto. O seu Citroën C3 WRC cae nun parking e de milagro non toca un dos coches alí aparcados. Segue circulando polo parking e da a volta facendo un xiro de 180º arredor dun deses coches. Non, non é unha gymkana de Ken Block. É algo moito mellor, o WRC.
|
Foto: wrc.com |
Finalmente Meeke gañou con 13 segundos de vantaxe sobre Ogier. Como dicíamos onte, salvo algún erro (como o que puido deixar a Meeke sen nada despois dun gran rally) as posicións non se moverían, e así foi. Deixámosvos a clasificación final abaixo. Nuns días publicaremos a crónica na que trataremos máis a fondo o rendemento de vehículos e pilotos.
|
wrc.com |