Catro probas do #CERA en Galicia?

En 2016 anunciábase a perda do histórico Rally Rias Baixas con 52 edicións celebradas. Nese momento, Galicia quedaba tan só con dúas probas no Nacional (CERA), Rallye de Ourense e Rallye de Ferrol.

David García

Pero este ano están sucedendo cousas inesperadas, en 2016 o Rallye do Cocido anunciaba a pre-inscripción en 2017 para o CERA, segundo Faro de Vigo, a proba pasa os test de seguridade e confírmase a presencia do evento no Campionato de España. Pero que pasaba antes de esta noticia? A Escudería Rias Baixas mandaba unha mensaxe polas súas redes sociais, decindo: "En 2017 teremos Rallye Rias Baixas". O calendario do CGR xa estaba fixado nesas datas, así que só cabe a esperanza de ver o Rias Baixas no campionato español.

Lorenzo

Seguindo co reconto... Os rallyes de Ourense e Ferrol seguen aparecendo no calendario borrador da Federación para 2017. En total hai dez probas en borrador. Hai sitios para o Cocido e o Rias?

Publicacións populares