Subida a Fraga Día1-Clasificación


Empezaba a subida con unha hora de retraso, con moita xente espectante e todo foi ben na primeira manga, salvo para o piloto da escudería local Isaac Rodriguez que tivo un accidente co seu Renault Clio do cal saiu ileso. Manuel Senra tamén tiña problemas para rematar a primeira manga.


Nesta primeira manga facía o mellor tempo Jesús Pombo seguido de Jacobo Sobral e Alexis Vieitez.

PDF

Na segunda manga problemas para o piloto da escudería Surco, Juan Lamela.


E o gañador desta segunda manga era Alexis, seguido por Jesús Pombo a menos de medio segundo, e terceiro era Jacobo Sobral.

PDF

A terceira manga sería para Jacobo Sobral, co segundo posto para Jesús Pombo e terceiro para Pablo Rey, desplazándose Alexis ata a quita posición.

PDF

Despois destas tres mangas a clasificación do sábado era esta:

PDF

Os pilotos da escudería Surco quedarían finalmente, Juan Lamela co AX SCC en trixésima segunda posición, e Ramón Martinez co Renault Clio Sport no trixésimo oitavo posto.


Publicacións populares