CANCELADO o rally de Narón 2020

A escudería Siroco Narón ven de confirmar a cancelación desta edición do ano 2020. Ao igual que fixo a escudería SURCO hai uns días, a escudería que organiza o rally de Narón comunica que decide cancelar a proba xa que se descoñecen as recomendacións e medidas que se deberían tomar para organizar o evento con seguridade frente ao COVID19. O plazo para que as escuderías decidan sobre a celebración ou non das súas probas remata mañá, 20 de Maio.

Ademáis, súmaselle a isto as empresas patrocinadoras, que son pequenas empresas que agardan tempos complicados e prefiren reducir os gastos. A organización prefire aseguras as vindeiras edicións do rally e non arriscar esta temporada.

Rally da Coruña 2020-Pablo Ares

A escudería Siroco Narón non se queda aí e pide dúas cousas a causa da cancelación da proba:
-A primeira: que as axudas previstas para o desenvolvemento da proba se destinen a medidas de protección contra o COVID19 e a axudas para PEMES e autónomos.
-E a segunda: que se respeten os dereitos do rally de Narón para 2021 e que non se vexan aminorados despois de 32 edicións consecutivas.

A escudería quere organizar a próxima edición no ano 2021, pero sempre que se coñezan as recomendacións e medidas a tomar.

Comentarios

Publicacións populares