A FGA presenta o pre-calendario de rallies para 2020
A Federación Galega de Automobilismo presentaba o luns 5 de Agosto, na súa web, unha previsión do próximo calendario da temporada 2020, pero só para a modalidade de rallies de asfalto, que polo xeral, tende a ser o calendario máis "estable" con algunhas probas que teñen unha data fixa para todos os anos. A continuación darémosvos máis detalles das nove citas que completan o calendario.
Como xa ven sendo habitual, o rally de Coruña dará apertura a este campionato, aínda que unha semana antes que na presente temporada (2019), xa que para 2020 prevese que o rally Botafumeiro ocupe o segundo lugar, despois do rally de Coruña e antes do rally de Noia. Asímesmo tamén se retrasará un par de semanas o rally de Noia polo mesmo motivo, así os equipos terán tempo para preparar e reparar as súas viaturas entre proba e proba.
En Maio agardaranos o famoso rally Rías Baixas na mesma semana que este ano, ao igual que o rally de Narón e o Sur do Condado. Despois destes haberá un descanso de dous longos meses e o campionato visitará ás provincias ourensá e lucense para disputar o rally Ribeira-Sacra.
Por último quedarán o rally San Froilán e o Mariña Lucense.
Rally da Coruña 2019-L. Rivera |

Comentarios
Publicar un comentario