Un pinchazo deixa a Iván Ares sin vitoria en Ferrol

O rally de Ferrol volveu a demostrar a súa dureza. Esta vez, cun final de infarto, no que Iván Ares e José A. Pintor foron os que o sufriron, cun pinchazo no último bucle da proba ferrolana, que lles fixo perder toda opción de victoria e polo tanto, as opcións de colocarse como líderes do CERA (Campionato de España de Rallies de Asfalto).

Nerea Sánchez-Rally A Coruña 2018

Os vixentes Campións de España de Rallies de Asfalto afrontaron a proba de casa con moitas ganas, logrando acabar a primeira xornada no máis alto da clasificación xeral. Na segunda etapa, a dupla Ares-Pintor, a bordo do seu Hyundai I20 R5, logrou distanciarse dos seus rivais, polo que afrontaba o último bucle cun colchón de puntos que parecía suficiente para repetir a victoria de 2017 no rally de Ferrol. Pola contra, un pinchazo no penúltimo treito, fixo que o equipo perdera moito tempo, ademáis de danar a montura.

Finalmente, o equipo Ares Racing tivo que conformarse cun terceiro posto, que impide que asalten o liderato do certame nacional.

Nerea Sánchez-Rally A Coruña 2018

Iván Ares, contrariado por esta incidencia no final do rally: “Non sei onde puidemos pinchar, afrontabamos os dous últimos treitos sabendo que non facía falta arriscar o más mínimo porque tiñamos un colchón de segundos suficiente sobre os nosos rivais. Na parte final do treito notei que pincháramos, e intentamos chegar ata o final perdendo o menor tempo posible, o que fixo que o pneumático se desfixera e danara a aleta e a defensa do noso Hyundai I20 R5.
Foi unha pena, porque tiñamos a vitoria casi no bolsillo, pero xa se sabe que o rally de Ferrol sempre pode darche unha sorpresa e neste caso tocounos a nós. Hai que intentar ver o lado positivo, e é que fumos capaces de liderar a prueba e marcar un gran ritmo que pouco a pouco fora distanciando aos nosos rivais.
Agora toca centrarse en comezar a traballar de cara á segunda parte da temporada, onde nos xogaremos o título e na que os erros se pagarán moito máis caros, xa que non hai marxe de maniobra para recuperar puntos.
Somos o equipo que máis puntos sumou na primera mitade de temporada, a pesares disto, ao ter que descartar dous resultados, non podemos aproveitar esta circunstancia.”

Nota de prensa: www.ivanares.com

Publicacións populares