Subida Pontevedra-Almofrei 2018-Información


Os próximos días 14 e 15 de Xullo volverá á estrada o Campionato Galego de Montaña. A última proba que se disputou foi a subida Cerdedo-Cotobade con vitoria de Alexis Vieitez e con algún que outro incidente doutros pilotos. A subida Pontevedra-Almofrei preséntase moi interesante, sobre todo polo seu novo trazado, unha estrada moi ancha que contará con axuda dalgún que outro desvío para facer que os pilotos non alcanzen velocidades perigosas. Tamén conta cunha boa lista de inscritos: Manolo Senra, Víctor Magariños, "Maki", Jaime Castro, Alexis Vieitez, Pablo Rey... pero ningún kartcross, aínda así, sumarán un total de 54 participantes nesta cuarta proba que marca o ecuador do CGM (Campionato de Galicia de Montaña).

A F.G. de A. adiantouse na publicación da lista de inscritos con respecto á hora sinalada no reglamento cunha diferencia de 10 horas aproximadamente, pero nós publicamos toda a información na hora que estaba prevista. Aquí vo-la presentamos:

-Lista de inscritos(PDF)

O trazado que se utilizara os días 14 e 15 de Xullo será novo e innovador, un percorrido no que os vehículos poderán tomar as velocidades máis altas de todo o campionato gracias ás características da estrada pola que se desarrollará. É importante situarse en sitios bastante altos, xa que coas velocidades que se poderían alcanzar os vehículos poderían perder o control fácilmente, e resaltamos que non por velos máis cerca imos disfrutar máis. A continuación: mapa, accesos e on-board.


´-Ver mapa en Wikiloc

A primeira manga será a manga de entrenos que se celebrará ás 16:00 do sábado e a continuación celebraranse a 1ª e 2ª mangas oficiais. O domingo volverá a carreira ás 9:30 coa segunda manga de entrenos e ao seguir faranse a 3ª e 4ª manga oficias.

-En directo: AQUÍ ou na nosa App

Publicacións populares