Comezaba o día con neve nas cercanías de Lalín e nalgúns tramos onde Víctor Senra, con David Vázquez á dereita, facía os primerios scratch nestes tramos con posible xeo e barro nalgunhas zonas. Xa na segunda pasada polos tramos, a neve ía desaparecendo e, con isto, comezaba a aparecer auga no asfalto, facéndoo algo resbaladizo nas zonas con terra, que rapidamente se transformou en barro.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgZTqHVGACC9vtxwWBH74nSRbBMAjDdrwJQjAoCBirQgH_aVcUF1ccs_6bBW5QqYhBbGUAbukEZIrSuxxA6LRj218eX_WVJtHyFXolF2VHcCtDkON3_SXmnEbgQU7ajWxBSRbPD7DQtxX_J/s640/IMG_20170304_085802.jpg) |
Marco da Silva |
E o imparable Víctor Senra volvía facer os scratch seguido na xeral por Iago Caamaño e Alberto Meira. Así seguiu Senra ata o tramo de Rodeiro, no que Senra cometía un fallo facendo un trompo no que perdía bastante tempo, e Caamaño cun pinchazo, sendo o scratch, nesta ocasión, para Alberto Meira.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgid1fEDZnC1djV-QD5q_qjmk-Wic7f9soYxVSQ7fDFL4PEQr58rSNDUS7G4r7mWwk9ws3Ya_NEIqX4xY8iS7uTjl2KJDQ4tgh55OzOts8xBtlKxIEQhT8ipuF70kPFY62YnECiXObngyr3/s640/IMG_20170304_132511.jpg) |
Marco da Silva |
Finalmete a vitoria foi para Víctor Senra coa segunda posción para Alberto Meira e por detrás Iago Caamaño.