Dani Sordo en cabeza do Rally RACC 2016
Antes de nada, comentar que ás 22:00h. Teledeporte emitirá un resumo do que foi o día de hoxe no 52 Rally RACC.
RallyRACC |
Ott Tänak comezaba liderando o venres sobre o mollado e resbaladizo asfalto de Barcelona onde se celebraba o primeiro tramo cronometrado. Aquí Félix Macías e Mónica Álvarez, galegos, conseguían a posición número 53, algo atrasados.
Sin embargo, hoxe Dani Sordo remontaba dende máis atras do top 10 conseguindo varios scratch o piloto asturiano acompañado de Marc Martí. Finalmente fixéronse coa primeira posición por diante de Ogier e Mikkelsen. Por outro lado abandono no SS5 de Latvala arrincando unha roda. Tamén se viron obligados a abandonar José Antonio Suárez acompañado do salvaterrense Cándido Carrera ao ter problemas mecánicos e sufrir un accidente.
ToranzoWRC |
Félix conseguía remontar en tramo hacia as posicións dianteiras conseguindo no cuarto tramo (era o tramo máis largo que despois volverían pasar no TC7) un tempo de 4:29 por detrás do primeiro tempo de tramo (scratch). Ao final do día Félix e Mónica quédanse coa 32ª posición a 16 minutos de Dani Sordo.
Lorenzo |
Esta noite traballarán os mecánicos preparando os coches para o asfalto.