O primeiro prototipo de kart eléctrico será presentado en Porriño

Movelco recibiu un chasis "Parolín" a cargo da federación galega de automobilismo, esta empresa do grupo Recalvi será a encargada de preparar o primeiro prototipo de kart eléctrico en Galicia, que será presentado o 8 de Febreiro na gala da FGA, en Porriño.

Diario AS

O plan é que esta empresa se encargue de montar os 20 karts a través de Little, a FGA subvencionará a pilotos rookies e alevíns cos 20 chasis e os titores terán que pagar só a electrificación do kart, coa condición de que participe, como mínimo, dous anos consecutivos no campionato. Espérase que se comeze a utilizar estes karts a media temporada 2020 e que en 2021 compitan cara a cara contra os karts que se viñan utilizando ata agora igualando as prestacións.

-Comunicado FGA
-Comunicado Movelco

Comentarios

Publicacións populares