A FGA toma medidas tras o sucedido na Subida A Escusa

O comunicado oficial dice así: "Ante o sucedido na XX Subida A Escusa, na vila de Poio, onde varios participantes facían trompos e conducción indebida de volta o parque de traballo, despois de celebrada cada manga de competición; advirtese os vehículos “0" e “00" que en todo momento teñen que baixalos vehículos comprimidos, sen separación e baixo un control estricto e a velocidade moi moderada. Asímesmo notificase aos participantes, moi en especial os de regularidade, que a partir da data requerirase os Colexios de Comisarios Deportivos para que calquera conducta anti-deportiva sexa sancionada con “Exclusión” con posterior traslado o Tribunal Nacional de Apelación da Federación Galega de Automobilismo, para depuralas presuntas conductas antideportivas non axustadas o Regulamento da proba e do Anuario Deportivo."

E podedes velo AQUÍ

Subida A Estrada 2018-Nerea Sánchez


Os feitos que se mencionan no comunicado da FGA pódense ver nestas imaxes:


Estas accións dos pilotos sucederon metras baixaban hacia as asistencias, despois dos reagrupamentos en meta. Despois de cada manga, os pilotos agardan nunha zona preto da meta a que chegue o coche 00, neste momento os aficcionados poden moverse polo trazado. Cando os pilotos están preparados, comezan a baixar escoltados polo coche 0 e o 00 con aficcionados andando pola estrada. Os coches de competición deberían baixar todos xuntos e a unha velocidade reducida, pero en moitas subidas con horquillas, os pilotos anímanse e dedícanse a facer trompos e derrapes perigosos sin ter en conta á xente (nenos, personas maiores...) que está na zona. Normalmente a xente bótase a un lado para deixar espacio para estas maniobras, pero esta foi a "gota que colmou o vaso"... derrapes sin control entre os espectadores, algúns queimando pneumático e outros tantos facendo "ceros" poñendo en peligro a todos os pilotos e aos aficcionados presentes. Cando remataban cadansúa exhibición, retomaban a marcha hacia as asistencias a velocidades moi elevadas para poder chegar ao mesmo tempo que os compañeiros ás asistencias.

Tamén cabe destacar que moitos deles realizan a baixada sin casco, nin hans, nin arneses... A FGA decide tomar medidas nesta situación recordando aos equipos que unha desas conductas pode ser motivo de exclusión. Ademáis aprobeitaban para lembrar aos equipos de Regularidade Sport Tipo A (80kmh) que esta categoría consiste niso, regularidade, e o non respetalo pode ser sancionado coa exclusión do participante.

Comentarios

Publicacións populares