Crónica Rally de Gales 2017: Ogier e M-Sport corónanse
O galés Elfyn Evans foi o gañador dun rally de Gales no que todo saíu como M-Sport pedía. O equipo de Malcolm Wilson fíxose cun título de construtores que estaba prácticamente gañado e Sébastien Ogier consegiu o seu quinto título mundial despois de ser terceiro. O seu principal rival, Thierry Neuville, intentouno ata o final, gañando a Power Stage e finalizando na segunda posición, pero foille imposible evitar o "alirón" do xa pentacampión mundial.
![]() |
Foto: Overdrive |
O rally empezou da peor maneira posible para Neuville, que sufriu unha penalización antes de saír no primeiro tramo. Tramo que ademáis gañaría Ogier, polo que todo presaxiaba que o francés ía ter un paseo triunfal en dirección ao seu quinto WRC. Nada máis lonxe da realidade. Ogier percatouse do difícil que ía ser gañar nesta proba a partir dun segundo tramo no que Elfyn Evans comezou a voar. Foi imposible quitarlle o liderato ao galés, que impuxo un ritmo insuperable durante todo o fin de semana.
Na xornada do sábado Neuville rouboulle o protagonismo a Evans tras culminar unha remontada
![]() |
foto: wrc.com |
Chegouse con esa esperanza á última xornada, e ao último tramo. Neuville tiña que conseguir todos os puntos da Power Stage e esperar que Ogier non puntuase para manterse con opcións en Australia. O belga cumpriu o seu obxectivo, pero Ogier finalizou cuarto no tramo e a emoción inundou ao equipo M-Sport. Malcolm Wilson estallaba de alegría e no resto de compoñentes de equipo víase caír algunha lágrima. Os de Cumbria pasaron temporadas moi duras e son os que menos recursos teñen, pero a súa paixón polos rallyes é algo innegable. Imposible non alegrarse por eles.
![]() |
foto: Asturies Rallyes |
En canto ao resto de pilotos, rally malo para Dani Sordo que acabou décimo e estivo moi lonxe do ritmo, Paddon tampouco foi quen de adaptarse, mentres que Mikkelsen foi quinto e demostrou estar moito máis atinado que os seus compañeiros. Os Citroën demostraron ter moito que mellorar en superficies resbaladizas e Latvala foi o mellor Toyota, en cuarta posición. Gran temporada do finlandés que se non chega a ser polos problemas en Polonia e Finlandia estaría na loita polo campionato.