Sorprende Ricardo Costa e colócase líder
Na tarde do venres arrancaba a 53 edición do Rally Rías Baixas ante a presencia de miles de vigueses e aficionados no trito de "O Castro" que se achegaban ata o centro da cidade de Vigo para observar aos 150 participantes da proba nas dúas pasadas polo treito urbano.
O equipo portugués do Citroën DS3 R5, dentro da copa Top Ten, sorprendía no primeiro treito do rally, conseguindo o scratch que o colocaba en primeira posición da xeral. Outra sorpresa dábaa o equipo do Citroën C3 R5, Víctor e David, que tiñan un problema nunha das chicane's do trazado, provocando que se apagase o coche e, en consecuencia, a perda dun tempo valioso.
Na segunda pasada (e última do venres) outra sorpresa, o asturiano Óscar Palacio marcaba o scratch co seu Ford Fiesta R5. Na clasificación xeral, Ricardo Costa mantiña o primeiro posto e Palacio conseguía a segunda posición, por detrás clasificaríanse Alberto Meira, Iago Caamaño, Alberto Nimo, Antonio Valcarcel, David "Couceiro", "Tino" Iglesias, Víctor Senra(+12'579) e Emilio Vázquez.
No día de hoxe había moito que perder e pouco que gañar, os equipos están moi apretados na clasificación e mañá pode pasar de todo, tres pasadas aos tres treitos e espérase asfalto seco, aínda que non se descarta algunha pequena choiva.
Descoñecido |

Comentarios
Publicar un comentario