Iván Ares despídese do Porsche que tantas alegrías lle deu
Esta unidade do Porsche 997 GT3 2008 leva en venta dende mediados do ano 2016 xunto coa unidade da versión 2010, despois de que a RFEdA (e a FGA algo máis tarde) anunciaran a nova medida de brida para esa temporada nos GT, reducindo a pontencia desta clase de vehículos. Iván Ares, entre outros, decidiron deixar os Porsche e pasarse a coches como, por exemplo, os Ford Fiesta ou outras monturas da categoría R5.
Este coche marcou un antes e un despois no equipo Ares Racing, conseguindo loitar contra os mellores, gañando dous campionatos galegos, un subcampionato de España e moitas victorias.
O novo destino para o Porsche será nas Illas Canarias, en mans de Neftali Martin e o seu equipo, que despois de utilizar un Lotus Exige durante os últimos meses, decidían adquirir este bólido alemán.

Comentarios
Publicar un comentario