Monte-Carlo 2016

Agardamos ansiosos que empece esta nova temporada. A cal empeza, coma sempre, en Monte-Carlo.

Itinerario

  • Despois da noite do xoves cando o Monte Carlo arranca nas aforas do Casino, disputaránse dous tramos nocturnos cerca de Diagne-les-Bains ao norte de Gap.
  • Tres tramos nas rexións dos Altos Alpes e Isère, ao norte de Gap, protagonizarán a acción do venres.
  • Os competidores volven a Mónaco o sábado despois de dúas pasadas polo longo tramo de 51,55 kilómetros de Lardier et Valença - Faye e o clásico Sisteron - Thoard.
  • A última xornada do domingo, como é tradicional, disputas nas montañas dos Alpes Marítimos cercanos a Mónaco e conta có lexendario Col de Turini.

Desafío

  • Esencialmente é un rallye de asfalto, pero o clima impredecible das montañas fai variar as condicións.
  • Os participantes deben esperar encontrarse neve, xeo e asfalto seco no mesmo tramo.
  • Hai que encontrar o equilibrio xusto para ter adherencia con condicións de inverno e o requerido para o asfalto seco.
  • A elección de neumáticos mixta é a mellor opción para ter o mellor compromiso para estas condicións cambiantes.
  • A experiencia e a capacidade para “leer” as condicións é vital.

Especificacións dos coches

  • Suspensións de asfalto.
  • Extrañas seleccións de pneumáticos, que poden incluir dúas rodas con clavos en diagonal con outras dúas slick para asfalto seco.
  • Suelese levar dous pneumáticos de reposto.
  • Tramos nocturnos para os tramos a noite do xoves.

Historia

  • O Rallye Monte Carlo é a xoia da coroa do WRC e a prueba máis antiga do calendario.
  • A súa primeira edición foi en 1911, foi creado para promover Monte Carlo como destinación turística, cós participantes saíndo de diferentes cidades europeas antes de reunirse en Mónaco.
  • A edición de 1966 é unha das máis recordadas porque os pequenos Mini Cooper lograron un impresionante triplete antes de que fosen descalificados por cometer presuntas irregularidades sobre a reglamentación dos faros.

Qué haberá de novo en 2016

  • Cada día inclúe un novo tramo en comparación có rallye de 2015.
  • Os 20,23 kilometros de Barles a noite do venres en Seyne nunca se disputou en esta dirección.
  • O tramo do sábado de Saint Léger les Mélèzes - La Batie Neuve cruza as pistas de ski de Ancelle.
  • Sólo os 60 melores competidores clasificados comezarán o tramo final do domingo.

Non o perdas

  • Col de Turini. Un dos lugares máis emblemáticos deste deporte, congrega a centos de aficcionados que se reúnen para ver aos competidores cruzar dúas veces a cumbre da montaña na especial de La Bollene Vesubie – Peira Cava na última xornada. Sempre hai un ambiente increíble, especialmente pola noite, é un lugar de peregrinación obligatoria para os aficcionados.
  • A cerimonia de podio nas aforas do Palacio de Mónaco, có príncipe Alberto entregando os premios.




Comentarios

Publicacións populares