Diego Vila consigue impoñerse na "casa"
Agardábase unha bonita loita para o Rally Rías Baixas dentro da copa Volante FGA, pero Diego Vila e Alex Sampayo comezaban o rally atacando na primeira e na segunda pasada polo treito urbano de "O Castro", celebrado na tarde do venres. Á mañá seguinte sairía como líder da copa e a choiva complicaba a situación deixando o asfalto mollado. Había moita indecisión sobre os pneumáticos a escoller.
De novo, Vila, demostrando ser o máis rápido nestas estradas, lideraba a copa con máis de 50 segundos de vantaxe sobre o segundo clasificado, Rubén Puime. Por detrás viñan "Koke" Garnelo e J.M. Cabezas intentando minimizar a vantaxe que levaban Diego Vila e Rubén Puime, non sin sustos; Garnelo cun pequeno golpe e Cabezas cun trompo.
A partir de aquí, Diego Vila iría regulando a súa vantaxe para chegar a meta como líder do Volante FGA, conseguinto 8 scratch's de 11 posibles e rematando na posición 21 da xeral. Rubén Puime, que ía segundo, cometía un erro provocando que se apagase o coche, neste momento perdía un tempo moi valioso que lle valía a Garnelo para obter a segunda praza da clasificación, así Puime quedaría terceiro.
Falamos con Diego Vila e isto é o que nos conta sobre a súa participación no Rally Rías Baixas: "Hay poco que decir, la verdad. Fuimos muy cómodos durante todo el día, sin sustos ni problemas, que era lo que buscamos, que el coche no diera problemas, y por fin lo conseguimos, a ver si sigue así en los siguientes rallies."
Esta é a clasificación xeral da copa Volante FGA despois de disputar o Rally Rías Baixas.:
Rally Rías Baixas 2019-Pablo Ares |

Comentarios
Publicar un comentario