Víctor Senra consigue a vitoria nun mollado Rali de Noia
Despois de manterse na loita e de estar en primeira posición durante boa parte do rally, Víctor Senra, con Ramón López no asiento da dereita, conseguían, hai uns minutos, a súa primeira vitoria da temporada co novo Citroën C3 R5.
O venres só había que disputar un percorrido curto, correspondente ao treito urbano de Noia chamado "El Jaime", onde Víctor se clasificaba en cuarta posición, sin arriscar. O sábado, no primeiro treito xa era líder ao producirse os abandonos de Iago Caamaño e Alberto Meira. Segundo era Antonio Rodríguez e terceiro, Alberto Otero. No segundo treito, Ricardo Costa pasaba da sexta posición da xeral á segunda, xusto detrás de Víctor Senra, aínda que a moita distancia.
![]() |
Rali de Noia 2019-Pablo Ares |
Un inesperado fallo de Víctor Senra no cuarto treito da mañá (quinto do rally), segunda pasada por "Senra Sport", provocaba que Ricardo se posicionase en primeiro posto. Mais pouco durou a alegría para o portugués, Víctor Senra non se podía conter e atacaba xa no primeiro da tarde, clasificándose en primeira posición e manténdose así ata o final do rally.
![]() |
Rali de Noia 2019-Pablo Ares |
Así que... vitoria de Víctor Senra-Ramón López, segunda posición para Ricardo Costa-Rui Vilaça e terceiro escalón do podio para os "novatos" Jorge Cagiao-Amelia Blanco. Estes últimos mantivéronse no Top 10 durante o rally e, beneficiados polos abandonos dos rivais, conseguiron subirse ao podio da clasificación xeral por primeira vez.
Seguinte cita do CGR, Rally Rías Baixas, esperamos vervos a todos alí!
*Unha última cousa, YouTube non nos deixa seguir facendo directos ata que non cheguemos a 1000 suscriptores, agradeceríamos que lle deses ao botón de "suscribirse" e nos axudes con este proxecto. SUSCRÍBETE
Moitas gracias!!
Comentarios
Publicar un comentario