Primeira posición para Borja González na primeira proba


O piloto asturiano demostrou ser o máis rápido na localidade de Cuntis este pasado fin de semana. O sábado desputáronse dúas pasadas das tres que estaban previstas, así que o sábado deberían celebrarse tres mangas. Borja González mantíñase en segunda posición, detrás de Javier Ramilo, durante o sábado. O domingo, comezando a carreira ás 9 (e non ás 10 como estaba previsto), Ramilo perdía moito tempo, cedendo a primeira posición ante Borja. Nos dous seguintes treitos pelearíanse pola primeira posición con diferencias de tempo da xeral mínimas. Sendo, finalmente, a vitoria para o asturiano Borja González co Semog.

En carrozados conseguía a vitoria a parexa do Peugeot 208 R5 (a mesma unidade que utiliza Domingo Molinos no CGR), Manuel Osorio-Alberto dos Reis. O sábado comezaba liderando Celestino Iglesias co Fiesta N5, pero sufría unha rotura na segunda pasada, debida a un golpe, e víase obligado a abandonar ese treito e deixaba a primeira posición ao local J. M. Martinez (máis coñecido como "Bamarti"); quinto da xeral e segundo dos carrozados era Manuel Osorio. "Bamarti" soltaba o acelerador durante toda a xornada do domingo e foi superado por Manuel Osorio no último treito, quen conseguía a vitoria da primeira proba da temporada de RallyMix.

AQUÍ podedes ver os tempos e tamén vos facilitamos o vídeo resumo que fixemos da proba, un dos mellores (se non o mellor) vídeos que fixemos nunca.


Tamén vos deixamos aquí o directo que fixemos no TC2 de Cuntis:

Comentarios

Publicacións populares