O campionato galego virtual chega á cuarta proba

Esta semana comezou unha nova proba do CGRV, é o turno do Rally de Narón. Despois de celebrar os tres primeiros rallies (Coruña, Noia e Rías Baixas), o campionato atópase con Juan Carlos Marzoa (Fabia R5) á cabeza da clasificación xeral, seguido, moi de cerca, por Óscar Estévez (Fiesta R5). En terceira posición, pero máis lonxe, atópase Javier de Diego con outro Ford Fiesta R5.

-Clasificacións


Esta cuarta cita componse de catro treitos a doble pasada. Entre eles, Sumburk será o máis difícil debido ás altas velocidades que se poden alcanzar en zonas estreitas. Houbo máis de 250 participantes no Rías Baixas e espérase que o número siga aumentando.

Comentarios

Publicacións populares