Presentada a lista de inscritos para o CGRV 2019
A organización do Campionato de Galicia de Rallies Virtual publicaba este luns a lista de inscritos oficial do campionato despois de aumentar o plazo de incripción dende o día 4 ata o 6 de Xaneiro (debido á gran demanda nas últimas horas).
A lista complétana un total de 292 pilotos e podemos atopar nomes coñecidos nela como Senra, Cagiao, Bonilla, Gandoy, Ampudia, Pérez... e moitos máis que de seguro non atopamos entre os casi 300 participantes. Para a asignación de dorsal parece que se tivo en conta a "popularidade" de cada un, os pilotos coñecidos toman, normalmente, as primeiras posicións xunto con pilotos virtuais que competían no pasado noutros campionatos. Isto non ten demasiada importancia, posto que neste simulador, a estrada non ten degradación, serán, para todos, as mesmas condicións.
-Lista de inscritos(PDF)
Neste campionato haberá catro copas: Pirelli Top Ten Castrol, Pirelli AMF, Volante FGA e a Copa Féminas. Ademáis, tamén hai clasificación scratch para os que non están en ningunha copa. Para darlle algo máis de realismo tamén contarán cun BMW E36 Compact F2000 que exercerá as funcións de coche 0, aínda que do piloto nada se sabe.
Nestes intres, as inscripcións están pechadas e haberá xente á que non lle deu tempo a facer a inscripción, non hai problema, nuns días volveranse abrir para a seguinte proba.
Podedes ver máis imaxes e obter máis información AQUÍ.

Comentarios
Publicar un comentario