Pérez e Gándara loitaron ata o último quilómetro para pechar unha temporada excepcional
Jorge Pérez e Juan Gándara, arroupados de maneira irreprochable por todo o Team Olimar, presentábanse este fin de semana a pola xesta no Comarca da Ulloa, ao que chegaban sin depender de eles mesmos distanciados dos irmáns Iglesias polo Trofeo Top Ten Pirelli-Castrol ao que, como novidade principal esta temporada, optaron no mesmo grupo tanto os 4x4 como os 2RM.
Sin medo ás desigualdades, o binomio de Salceda saliu a por todas en Palas de Rei marcando o terceiro mellor tempo da primeira pasada moi húmida, cedendo a Valcarcel e Celestino no segundo da mañá para deixar claro que se sucedería unha trepidante loita a tres durante todo o día.
A segunda pasada por Palas de Rei reflexaba nos tiempos un mellor estado do terreo, máis seco, rematando Pérez-Gándara a 3,8 segundos do Ford Fiesta N5 dos irmáns Iglesias. No último treito da sesión matinal, un problema cun manguito condenaba as opcións do Team Olimar, chegando a meta cunha subida de temperatura no propulsor do Clio R3 que xa entrara en modo protección. En Palas-Monterroso, de 10,35 quilómetros, vaciábanse casi todas as opcións polo título, como as botellas de auga de medio litro que servían para reencher o sistema de refrixeración e poder continuar.
Lonxe de baixar os brazos na sesión vespertina e co problema resolto, Jorge Pérez e Juan Gándara levábanse todos os treitos da Top Ten a excepción do segundo da tarde, que se anotou Antonio Valcarcel co seu Mitsubishi Lancer EVO VIII. O binomio de Salceda marcaba tamén o segundo mellor rexistro da tabla no último treito que sin embargo non lles liberaría do peso collido no cuarto da mañá polo problema de motor sufrido no seu Clio R3.
Os irmáns Iglesias, que chegaran a Ulloa dependendo de eles mesmos, proclamábanse campións da Top Ten Pirelli-Castrol aos que hai que felicitar por ter feito tamén unha gran temporada a bordo do seu Ford Fiesta N5, un coche de comportamento intachable e no que, seguramente, haberá que pensar para optar a maiores retos.
Pola súa parte, o Team Olimar non se marcha do evento con sensación de derrota, o sentimento da escuadra de Entienza é de auténtico éxito despois dunha temporada excepcional na que aproveitaron ata o último dos seus recursos cun vehículo de menores capacidades co que deixaron resultados para enmarcar ao longo deste 2018. Onde por talento non chegou este Clio R3, sacouse petróleo en canto a oportunidade o permitiu, como no Rally Rías Baixas, no que se logrou o segundo escalón da xeral scracht, tamén, por detrás doutro N5.
Con tempo por diante para diseccionar un ano apasionante, é momento de dar as gracias, de agradecer o formidable traballo do equipo ao completo con Pepi Oliveira e César Costas á cabeza dun grupo incansable que soubo estar á altura dos mellores e de empuxar en momentos difíciles, sendo a palmada no hombro cando se precisou e de encumbrar ao seu piloto e copiloto cando estiveron ao mellor nivel.
-Nota de Prensa: Team Olimar

Rally Sur do Condado 2018-Marcos Parada |