Víctor Senra e David Vázquez consiguen a vitoria no rally San Froilán
Esta edición do rally San Froilán presentábase moi complicada debido á meteoroloxía e a visitas de equipos como o formado por Adrián Díaz e Andrea Lamas (o ano pasado nun Fabia R5 e esta vez nun Ford Fiesta R5). Os participantes presentábanse o venres observando altas probabilidades de choiva para o sábado e uns treitos moi complicados, fácil abandonar en calquera curva.
No referente ao campionato, aínda que Víctor Serna si levaba unha boa vantaxe, non se esperaba a decisión do campionato ata rematar o rally Comarca da Ulloa, pero os acontecementos xiraron dunha forma inesperada que fixo que Víctor Senra e David Vázquez gañasen o rally e o Campionato de Rallies de Galicia 2018 esta fin de semana en Lugo.
Para facer un breve resumo da proba comezaremos dende o principio, nos primeiros treitos, onde os mellores tempos os marcaba un Iago Caamaño disposto a atacar, mais logo do primeiro bucle era sorprendido por problemas mecánicos que o retrasaban na clasificación xeral da proba ata a cuarta posición. Chegados á parada de mediodía era Víctor Senra o líder do rally aínda que os catro (Senra, Díaz, Meira e Caamaño) estaban distanciados menos de 10 segundos entre sí e todos tiñan opcións de gañar.
No primeiro percorrido da tarde comezaban os problemas: abandono de Iago Caamaño despois de entrar demasiado rápido nunha curva, quedando atrapado nunha cuneta o seu Fiesta R5; pinchazo para Adrián Díaz onde perdía un minuto con Víctor Senra. Un treito máis tarde Alberto Meira perdía casi un minuto debido a problemas coa caixa de cambios e víase obligado a abandonar. Agora só quedaban Víctor Senra e Adrián Díaz para a última sección e cunha diferencia de tempo que permitía a Víctor Serna tomar os últimos quilómetros con algo máis de calma e facerse coa vitoria.
Así sumaba Víctor o seu segundo campionato galego consecutivo, para o seu copiloto David xa é o terceiro campionato galego gañado.

Rally Botafumeiro 2018-Nerea Sánchez |