Segunda posición para Ares e Pintor en Santander
Con emoción ata el final, así se viviu o Rally de Santander dentro do equipo Ares Racing, con Iván Ares e José A. Pintor intentando sumar unha vitoria que apretara a clasificación xeral do Campeonato de España de Rallies de Asfalto, pero finalmente tivéronse que conformar cun segundo posto, o quinto desta temporada, que os deixa a catorce puntos do liderato a falta de dúas probas por disputar, unha vez realizados os descartes marcado polo reglamento do Campionato de España de Rallies de Asfalto.
O piloto de Cambre afincado en Carral, Iván Ares, analizaba a cita cántabra e as súas opcións ao título: “Escapóusenos un resultado mellor. Intentamos atacar no último bucle, pero un trompo nos últimos metros do penúltimo tramo impediunos mellorar esta segunda posición.
As diferencias están sendo mínimas, e o ritmo é moi alto, polo que haberá que seguir presionando e peleando ata o último metro do último treito do Nacional.
Seguimos demostrando que somos o equipo máis regular da temporada, subindo ao podio en todas as citas menos nunha, e iso por unha parte é reconfortante, porque significa que somos un equipo moi competitivo. Sin embargo, ao ter que descartar tantas carreiras está sendo un lastre para nós, tanto a nivel deportivo como a nivel de presuposto, porque finalmente vémonos obligados a disputar as once carreiras do Campionato de España de Rallies e esa inversión económica non se verá reflexada na clasificación final.
Pola nosa parte, trataremos de mellorar os detalles necesarios para intentar pelexar pola vitoria en La Nucía e en Madrid, onde se decidirá el título.”
O equipo afrontará agora un par de semanas de descanso para traballar nos preparativos ante a décima cita da temporada, o Rally de La Nucía, que se celebrará a segunda semana de Novembro no levante español.
Nota de Prensa: Iván Ares