Pre-calendario 2019 da FGA

Comezan a facerse públicos os bocetos para o calendario de automobilismo de Galicia da tempada 2019. AQUÍ podedes ver o comunicado que a FGA envía á DXT(Dirección Xeral de Tráfico) e AQUÍ podedes ver o que sería unha parte do calendario oficial se a DXT acepta esas datas para as modalidades de rally, montaña e rallymix. Pola nosa parte recomendamos non fiarse das datas das probas nacionais ou estatais xa que nos comunicaron que é posible que algunha proba cambie de data. Para as probas nacionais, será mellor agardar a que a RFEdA presente o seu calendario oficial para a tempada 2019.


E recordámosvos que este calendario non é para nada o oficial, é o primeiro "boceto", para ver o calendario oficial haberá que agardar ata a primeira semana de Decembro, despois da Asamblea extraordinaria da FGA para calendar as probas, tal e como marca o calendario 2018.

Publicacións populares