Gran dominio de Fredy Tamés en Llanes

Alfredo Támés impuxo o seu coñecemento do terreo gañando con autoridade a Copa Suzuki Swift no 42 Rally de Llanes, Fredy Tamés non só conseguiu gañar a Copa senon que marcou os 10 scratchs, sumando o máximo posible de puntos e reducindo desta forma a 5 puntos a vantaxe de Daniel Berdomás na general.


Berdomás conformouse coa segunda praza, posto que mantivo ao largo de toda a xornada. Juan Carlos Castro ("Piru") foi terceiro, aínda que o día non comezaba ben para el ao romper unha llanta tras sufrir un toque no primeiro treito. Pouco a pouco foi recuperando posicións ata colocarse no podium a tan só 1 segundo de Berdomás.

Detrás del finalizou Fernando Rico mentras que outro local, Luis Arenas, era quinto, xusto por diante de Sergio Cuesta, primeiro piloto Junior. Iago Gabeiras tampouco comezaba ben o día, sufrindo un par de trompos que o retrasaban, logrando recuperar ata a sétima praza absoluta e segunda dos Junior. Seguírono na clasificación final outros dous Junior: Nicolás Cabanes e Unai de la Dehesa mentras que David Quijada e Carolina Espadas cerraron a clasificación.

No apartado de abandonos houbo de contabilizarse o de Aritz Badiola, quen sufría unha saída da carretera no último treito cando rodaba sétimo da xeral e segundo da Junior.

A próxima proba para a Copa Suzuki Swift e Copa Suzuki Swift Junior será o 39 Rally de Santander que se disputará o 20 de Outubro.

Nota de Prensa: Suzuki Motorsport

Publicacións populares