Vitoria de Víctor Senra no Rali Botafumeiro

Este sábado, Víctor Senra conseguiu alzarse coa vitoria no Rali Botafumeiro loitando contra os máis importantes do campionato, a parte de el mesmo, claro. Con esta vitoria consigue alonxarse dous seus perseguidores na clasificación do CGR pero aínda está por decidir quen se levará a vitoria da temporada 2018, faltan tres probas por disputar e a clasificación pode volcarse por completo con calquer erro.


Na Super Especial do venres era Iago Caamaño quen marcaba o mellor tempo, pero o sábado pola mañá non se miraban tempos habituais del, preto de Senra, podería deberse a unhas molestias na man que anunciaba antes do comezo da proba. Pola contra, os tempos de Alberto Meira estaban fora do que estamos acostumados a ver, sempre moi preto dos tempos dos dous R5 e, finalmente, conseguiu chegar ao descanso do mediodía en segunda plaza da xeral co seu EVO X R4 a menos de 5 segundos de Víctor Senra. No TC8 aceleraba, peligrando a primeira posición de Víctor Senra con +0.359 segundos de diferencia, pero Alberto cometía un erro no seguinte treito perdendo 14 segundos, facendo que non fose posible a vitoria nin a loita contra o Fiesta R5 de Senra.

Finalmente, a clasificación xeral quedou así:


-Tempos oficiais (cando todos os participantes rematen a proba)

No campionato, Víctor permanece como líder virtual e Alberto Meira e Iago Caamaño van na súa persecución. Próxima proba, Ribeira Sacra, espectáculo asegurado.

Publicacións populares