Rali Botafumeiro con abandono de Jorge Pérez

Jorge Pérez non tivo nin o máis mínimo feeling con esta vixésimo sexta edición do Rali Botafumeiro, moi especialmente co Clio R3 Maxi dende a mañá do sábado tras rematar sétimos na especial do venres xunto ao seu copiloto Juan Gándara na que xa os acompañaban problemas co "cut off".


A sesión matinal foi desesperante para a parella de Salceda que dende o primeiro minuto sufreu de falta de seguridade, tendo que sobrepoñerse de varios sustos incluíndo unha pequena saída na terceira especial da que conseguiron sair cando xa parecía evidente o abandono ao quedar Clio R3 empanzado nunha finca na que remataron as aspiracións do fin de semana, ao perder alí bastante tempo.

Non se rendeu o conxunto de Entienza que tratou de buscar solucións con cambios nos compostos e reglaxes do coche para tratar de arañar algúns puntos de cara ao campionato, especialmente ao coñecer o abandono de Tino Iglesias (máximo rival no campionato dentro da copa) por problemas co turbo do seu Ford Fiesta N5. Sin embargo, na oitava especial, o Clio sufriu dunha nova saída de pista e volcando como resultado despois dun deses xeitos traicioneros dos que só son testigos os pilotos desta versión do coche do rombo (Renault), tan rápido en paso por curva como sobrevirador cando menos o agardas.


O Team Olimar xa se atopa en Entienza traballando no coche co que deberán contrarrestar este mal resultado no próximo Rally de Ourense Ribeira Sacra que será a próxima proba do Campionato de Galicia de Rallies, celebrándos a finais do mes de setembro, non sen antes interesarse por un equipo irmán, o de Heriberto Atán e Jorge Fernández, que sufriron un forte accidente, como tantos outros neste caótico Botafumeiro.

Nota de prensa: Team Olimar

Publicacións populares