Vitoria de Alberto Meira no rally Sur do Condado
Esta pasado sábado foi un día no que todos os aficcionados estivemos un pouco perdidos nos treitos, ademáis dos equipos, quenes estiveron sin a aplicación dos tempos durante medio día ata o final do rally e nun día no que un espectador falecido nublou a competición.
Todo comezada como un rally normal, o primeiro treito, Mondariz, unha carretera moi rápida durante todo o percorrido, o scratch foi para Víctor Senra, un treito no que se notaba a potencia de cada vehículo: Víctor Senra (R5 EVO 2), Iago Caamaño (R5 EVO2, motor EVO1), Javier Pardo (N5 ARV), Alberto Meira (R4). A continuación disputaríase o seguinte treito en Ponteareas, aquí abandonarían moitos equipos como Iago Caamaño ou Emilio Vázquez e o scratch sería de novo para Víctor Senra con Alberto Meira querendo atacar e adiantando a Javier Pardo na xeral (Javier con algún problema no motor). Aquí adxuntamos unha onboard de Alberto Meira onde podedes ver como rodaba por esta primeira pasada de Ponteareas:
Marcos Parada-Rally Sur do Condado 2018 |
De novo volvían ao treito de Mondariz e a clasificación scratch repetíase, aínda que a xeral permanecía igual e Víctor xa levaba unha vantaxe de 23 segundos sobre Alberto Meira. Segunda pasada por Ponteareas e sorprendente scratch de Alberto Meira cunha décima de vantaxe sobre Víctor Senra, pouco despois deixaban de pasar coches polo treito e chéganos unha mensaxe dun posible accidente grave en Taboexa, así era, pasa un coche da organización e o vehículo R da FGA, tamén se desplazaron ata a zona unha ambulancia e un helicóptero en poucos minutos. Tratábase dun grupo de aficcionados que chegaron á zona despois de pasar o "coche 0" e despois de ter comezada a proba por ese treito, colocáronse nunha zona delimitada por unha cinta vermella de "prohibido público" e facendo caso omiso aos consellos dos demáis aficcionados polo que puidemos comprobar mediante varios espectadores que se atopaban na zona. Un par de participantes despois produciuse a traxedia, a maioría conseguiron esquivar o vehículo pero un deles foi atropelado e faleceu poucos minutos despois, ese treito foi suspendido e os equipos dirixíanse ao treito de Arbo.
En Arbo sufría Víctor Senra un pinchazo e Alberto Meira, marcando o scratch, colocábase líder da clasificación xeral da proba. Máis tarde o treito era neutralizado debido ao accidente do dorsal 62, Juan Carlos Domínguez e Brais Mirón, que precisaron atención médica (máis tarde confirmouse que os dous estaban perfectamente, só era a dor cervical do impacto. Despois do parón de mediodía, cando algúns xa arrancaran de novo hacia o treito de Arbo, a organización decidiu comunicar aos equipos que volveran ao parque e comunicaban que a segunda pasada por Arbo sería suspendida polo atraso acumulado, así que os equipos saldrían na hora programada hacia o treito de Salceda cunha modificación do libro de ruta.
Marcos Parada-Rally Sur do Condado 2018 |
En Salceda o scratch foi para Víctor Senra, que permanecería terceiro na xeral e con Alberto Meira líder da proba. Nesa mesma sección, no treito de Salvaterra, Alberto Meira facíase co scratch e abandonaba Manuel Fernández, que se posicionaba cuarto na súa terceira proba, moi cerca de meta por mor dun obstáculo no interior da curva que facía que tivese unha saída de pista.
Na seguinte sección comezaba a relaxarse Alberto Meira cunha amplia vantaxe, recordemos que a estas alturas do rally, a aplicación dos tempos on-line non funcionaba correctamente. Na segunda pasada por Salceda o scratch era para Javier Pardo e na segunda de Salvaterra o mellor tempo volvía ser para Alberto Meira. Así comezaba o último treito, o treito buble, con Alberto líder con casi un minuto de vantaxe e con Javier e Víctor loitando pola segunda posición. Finalmente foi Víctor quen conseguiu a segunda posición con só 0.389 sobre Javier Pardo. Jorge Pérez foi cuarto e Celestino Iglesias, quinto.
Marcos Parada-Rally Sur do Condado 2018 |
Despois do rally Sur do Condado, Víctor Senra suma puntos e clasifícase como líder provisional do campionato, Alberto Meira consigue o máximo de puntos e achégase un pouco á segunda posición do campionato. Por outro lado, na cara oposta, Iago Caamaño non finaliza esta proba de coeficiente 8 e perde unha oportunidade de colocarse líder do campionato, aínda así, aínda quedan moitas probas por diante e pode pasar de todo. A próxima cita do CGR será o resucitado rally Botafumeiro.