Pérez e Gándara máis líderes na Top Ten Pirelli-Castrol
Jorge Pérez e Juan Gándara conseguiron este pasado fin de semana unha primeira posición na copa Top Ten e un cuarto posto absoluto na clasificación final do rally. Con esta vitoria, o equipo de Salceda fortalécese na clasificación xeral da copa Top Ten Pirelli-Castrol.
No primeiro treito da mañá conseguiron o mellor "crono", pero en Ponteareas perderon algo de tempo xa que ao atoparse co vehículo de Emilio Vázquez diante, Jorge viuse forzado a facer un trompo para frenar. Remataban os treitos da mañá en segunda posición da copa por detrás de Manuel Fernández e do seu copiloto, Alejandro Cid; a parella Fernández-Cid foi a gañadora no rally Rías Baixas con ese mesmo vehículo, o Clio N5, así que semellaba unha tarde difícil cunha intensa loita polas primeiras posicións, con Tino Iglesias moi preto deles co Fiesta N5.
Comezando a tarde en Salceda despois de que a organización suspendese a segunda pasada por Arbo polo retraso acumulado, o equipo de Salceda comeza a atacar e na primeira pasada por Salvaterra prodúcese o abandono de Manuel Fernández por saída de pista, así conseguía Jorge Pérez o scratch dese "TC8". Nos tres treitos que restaban para o remate, Pérez e Gándara adicáronse a atacar para afirmar a vitoria na copa Top Ten Pirelli e a cuarta posición da clasificación xeral.
Agora, rematado o rally Sur do Condado, chega un parón de verán de máis de un mes no que os equipos farán unha revisión completa aos seus vehículos para afrontar as catro probas que quedan. Jorge Pérez colócase líder da copa e a seguinte cita será o rally Botafumeiro, en Santiago de Compostela.
-Información: www.jorgeperezoliveira.com
Marcos Parada-Rally Sur do Condado 2018 |