Jorge Pérez defenderá no rally Sur do Condado o liderato da Top Ten Pirelli
Logo da gran actuación de Jorge Pérez no rally de Narón hai tan só unha semana, conseguindo o liderato da copa Top Ten Pirelli contra Celestino Iglesias, tocaralle defender ese liderato esta próxima fin de semana no rally Sur do Condado.
Sen tempo para descansar despois de conseguir a vitoria na copa Top Ten Pirelli no rally de Narón, o piloto de Salceda tratará de xogar ben no "rally da casa" para protexer a súa posición da copa e para seguir sumando puntos que aumentarían a diferencia con respecto ao segundo clasificado (Tino Iglesias, Ford Fiesta N5). Agora mesmo, os dous primeiros da copa están separados por sete puntos na clasificación virtual, e se eliminamos o peor resultado de cada un, a balanza inclínase a favor de Jorge Pérez, é o líder da clasificación provisional da copa Top Ten Pirelli con 35 puntos de diferencia con Tino Iglesias. Aínda así, a que temos que ter en conta agora é a clasificación virtual xa que queda moito campionato e moitos rallies por diante e a situación podería cambiar completamente.
Marcos Parada-Rally Ribeira Sacra 2017 |
Nesta décimo quinta edición do rally Sur do Condado o último treito, o treito bucle, podería ser decisivo para a clasificación final da proba e desde logo, o rally vai estar moi interesante. Podedes ver toda a información sobre a proba no seguinte enlace: AQUÍ
-Información: Prensa Team Olimar