Alexis Vieitez foi o máis rápido en Pontevedra
Xa van catro probas disputadas do CGM (Campionato de Galicia de Montaña) nesta temporada e nesta última carreira, que se celebrou esta fin de semana pasada, Alexis Vieitez conseguiu a súa segunda vitoria da temporada. Con esta vitoria consigue distanciarse de Pablo Rey na clasificación do campionato.
A proba celebrada esta fin de semana, Pontevedra-Almofrei, é, posiblemente, a proba de montaña máis rápida desta temporada. Alexis marcou os mellores tempos e conseguiu a vitoria, por detrás quedarían Sergio Varela e Pablo Rey.
Os entrenos do sábado comezaron con bastantes problemas: Pablo Rey paraba, ardía o motor do Forwin de Jesús López, problemas para Manolo Senra... Na primeira manga oficial o mellor tempo foi para Alexis e a manga non estivo exenta de problemas, neste caso foi Juan Carballo, que tivo un forte accidente a un quilómetro da saída e viuse obligado a abandonar. A segunda manga oficial celebrouse sen moitos problemas e Alexis seguía baixando o seu tempo.
O domingo comezaría con retraso a segunda manga de entrenos, ademáis a estrada estaba moi mollada e unha leve choiva acompañaba o paso dos participantes que non se querían arriscar, aínda así, moitos perdían tracción fácilmente. Os tempos desta manga de entrenos foron un caos, pero o mellor foi para Pablo Rey. Manuel Bobes tamén sufría unha saída de pista sin consecuencias e conseguía volver á pista mentras a carreira estaba parada, a continuación reanudouse e rematou a segunda pasada de entrenos da subida. Co asfalto aínda en proceso de secado, comezaría a terceira pasada oficial, onde se pararía a manga polos problemas mecánicos de Antonio Varela e con problemas, tamén, para Pablo Rey. Posteriormente volveríase parar a manga pola saída de pista de Héctor Gómez moi preto de meta. O mellor tempo sería para Alexis, pero todavía sen mellorar os tempos do sábado. Era o turno da última manga da proba, a cuarta manga oficial, todos listos para tomar a saída co coche 0 xa en pista e o Renault Clio de Roberto Torres sufre un conato de incendio, así que o vehículo 0 volvería sair, abandono de Óscar Álvarez por problema mecánico, a manga parouse un par de veces e logo continuaron pasando participantes ata o remate da proba. Alexis baixou o seu mellor tempo nesta manga e levou a vitoria da proba, por detrás del quedarían Sergio Varela e Pablo Rey.
-Tempos oficiais