Rallye de Narón 2018-Información


Tras ser aprazado unha semana por problemas administrativos, o rallye de Narón celebrarase esta próxima fin de semana, os días 22 e 23 de Xuño. Este cambio de data ocasionou a supresión do treito espectáculo que se celebraría o venres, no seu lugar farase un "treito de probas" de 11h. a 13h. do venres para que os equipos poidan coller ritmo e adaptar os seus coches (como un Shakedown).

Respecto á lista de inscritos, cabe mencionar a participación dos dous modelos de Suzuki Swift N5, o vello será utilizado por Javier Pardo mentras que o novo modelo será pilotado por Pablo Rey, quen adquiriu esta unidade hai unhas semanas. Tamén estarán presentes os tres equipos líderes do CGR, Iago Caamaño, Víctor Senra e Alberto Meira. Ademáis, nesta longa lista de 139 participantes, aparecen nomes recoñecidos como os de Adrián Gil (que disputará a proba nun EVO X), ou Ramiro González (pilotanto, por fin, o Xsara Kit Car neste rally).

-Lista de inscritos(PDF)


A proba dividirase en catro treitos, polos que se pasará dúas veces, e un "treito de probas". A continuación presentámosvos todos.

-Guía do espectador(PDF) (Elaborada pola escudería)
[ATENCIÓN: Nas zonas azuis do mapa está prohibido estacionar e será sancionable xa que son vías de evacuación.]


-Descargar mapa completo

Treito de probas-2'9km.-Guía(PDF) 17 inscritos
Horario: de 11h. a 13h. do venres.


TCA-Cerdido-12'05km.
Horario: 8:30/11:50


TCB-Ferreira-16'15km.
Horario: 9:15/12:35


TCC-Vilaboa-11'14km.
Horario: 16:50/19:50


TCD-Vilachave-16'41km.
Horario: 17:25/20:25



-Programa horario(PDF)
-Parque Pechado-Centro Comercial ODEÓN (Narón)
-Parque de Asistencia-Rúa dos Carboeiros, Polígono Río do Pozo (Narón)

-O tempo-Narón
-Onde comer-Narón
-Aloxamento-Narón
-Zonas de interese-Narón

Publicacións populares