Jorge Pérez a 33 puntos de Tino na Top Ten Pirelli
No pasado rally Rías Baixas, Jorge Pérez Oliveira obtivo a segunda posición da xeral conseguindo bastantes puntos para a clasificación xeral da copa Top Ten Pirelli e o mellor posto de toda a súa carreira deportiva.
Marcos Parada |
Despois do magnífico resultado do Rally Rías Baixas a copa chega a Narón bastante apretada (33 puntos de diferencia) e Jorge Pérez podería atacar xa que coñece moi ben estes treitos onde xa se clasificiou en terceira posición da xeral en 2016 e quinto en 2017. Nestes treitos rápidos e sucios terá que loitar contra o Ford Fiesta N5 de Tino e contra outros vehículos de tracción total co seu Renault Clio III R3. A todo isto hai que sumar que os equipos veranse obligados a conservar a mecánica dos vehículos xa que o rally Sur do Condado preséntase tan só 15 días despois e coa calor que vai podería resultar decisivo no campionato.
Este sábado preséntase con temperaturas de entre 27ºC e 17ºC e con sol durante toda a xornada nos arredores de Narón aínda que pola noite aumentará a probabilidade de choiva ata un 48%. Se as prediccións meteorolóxicas son correctas, Narón verase invadida por miles de aficcionados ao motor que asistirán a ver a tensión que hai tanto na copa Top Ten Pirelli coma na xeral do campionato ou no resto de copas.